|
  |
José Rivera nace pequeniño, (como case todos os da súa xeración) e aos poucos vai crecendo... pero é desde pequeniño cando namora da maxia.
Despois de case 10 anos de estudo e práctica, un bo día descobre que iso que lle fai pasar tan bo intre tamén llelo fai pasar aos demais (e páganlle!!!!), e dá o salto á profesionalidade.
Até o día de hoxe, non foi agredido nin apupado (que co que hai por aí solto ten o seu mérito) en ningunha das súas actuacións...mesmo circula o rumor de que algunhas persoas o pasaron moi ben nos seus shows.
José Rivera actúa profesionalmente desde 2005 e é membro fundador do Círculo Máxico Auriense C.M.A. e membro da Sociedade Española de Ilusionismo S.E.I.

|
 |