José Rivera nace en 1969, ano estupendo para viños e magos, na cidade de Ourense.
Desde pequeno sente atracción pola maxia. Bo, en realidade sente atracción por case todo o que non fai a maioria da xente: cando a todo o mundo lle gústa o fútbol...el xoga ao rugby, cando a xente xogaba á brisca ....el xogaba ao poker
O vivir nunha cidade pequena limita ao noso heroe en gran medida, pero iso liquídase cando se marcha a estudar a Madrid (aparentemente) a carreira de Arquitectura Técnica. Carreira que abandonou cando só lle faltaban 3 anos para terminala.
é no Escorial toma o seu primeiro contacto con actuacións de magos no cafetín Croché e posteriormente noutras salas de Madrid, quedando fascinado coa nobre arte da Maxia e o Ilusionismo.
Certo día, un familiar seu pon nas súas mans o seu primeiro libro de maxia "Xogos de Mans" de Ciuró..... e desde ese momento engánchase de verdade á MAXIA.
Tras ese libro viñeron case outros 300 libros, miles de horas de práctica.. e de xogos... e de estudo...e de actuacións ....e risas. Así que, 10 anos despues de ler aquel libro, a afección converteuse en paixón e amor pola maxia e polo efecto que causa na xente.
Na actualidade, compaxina a súa actividade de Ilusionista coa de Publicista, xa que a de modelo profesional de bañadores decidiu abandonala hai xa algún tempo.
Nas súas actuacións hai adiviñacións, mentalismo, xogos de mans, cartas, maxia de escena... con ecos a mestres como Tamariz ou Pepe Carrol. Todo acompañado cun sentido do humor válido tanto para nenos como para adultos. Xogos coloridos e maxia moi actual.
En calquera momento unha labarada de lume ou un estalido atrapará ao espectador no seu show até o final, inesperado e asombroso, que pode ser un breve conto cheo de sorpresas para os máis pequenos ou un efecto máxico que os deixará sen alento.