Unha homenaxe aos grandes clásicos da maxia, presentados dunha maneira actual e diferente.
Un espectáculo para todos os públicos no que se combinan o ilusionismo e o humor: Billetes que se multiplican, panos que cambian de cor e desaparecen, cordas que se cortan e recompoñen soas, contacto con espíritos (se eles queren, claro), mentalismo, adiviñacións realizadas polos espectadores...
|